jueves, 7 de noviembre de 2013
jueves, 2 de julio de 2009
A casa
A casa é o ámbito no que nos sentimos seguros, "é o niño, un lugar de quentura coas portas pechadas... ao alleo". É o noso mundo coñecido, o útero que nos acubilla tralo nacemento, ten unha clara "función umbilical" (XChR-ICG).
As portas e as ventás cumpren unha dobre función: protexer-ocultar e abrir-deixar entrar o alleo. Unha casa na que non se poden pechar nin abrir, nin entreabrir as portas e ventás provoca moita anguria.
Ante as ruínas do noso mundo, das nosas casas, sentímonos espidos, desvalidos, violados... Pero tamén seducidos, aínda que experimentemos desacougo e anguria.

Nosoutros
As casas son unha representación de nós mesmos. Os nosos corpos son tamén casas -caixas-, cheas de cousas que nos dan identidade por dentro e nos diferencian do alleo. Somos casas con portas e ventás: ollos, boca, oídos ... para saír fóra e para engulir o estraño, o que está fóra
Violencia
Cando imaxinamos as guerras, esas que estudabamos nos libros da escola, situámonos nun campo de batalla. Aquelas contendas tiñan lugar nun ámbito alleo ao noso mundo, nun mundo paralelo.
Así era en grande medida nas guerras ate o século XX. Agora é outra cousa.
Pero nós seguimos querendo crer que as nosas guerras están fóra do noso mundo, fóra da casa, da terra, de todo o que nos protexe e nos diferencia dos outros.

Vestixios
As portas e ventás das casas de Memory, ou non existen -foron brutalmente arrincadas- ou se existen non permiten albiscar nada, non permiten ver máis aló.
O máis aló, a identidade humana, está explícita nos ocos, nos espazos abertos pola violencia
Non hai dialéctica dentro-fóra.
Está pechado o acceso ao cosmos do Entreaberto.
Están rotos tódolos signos de identidade humana - urbana.
Vestixios dunha realidade que queremos ocultar ou descoñecer

Suscribirse a:
Comentarios (Atom)