A casa é o ámbito no que nos sentimos seguros, "é o niño, un lugar de quentura coas portas pechadas... ao alleo". É o noso mundo coñecido, o útero que nos acubilla tralo nacemento, ten unha clara "función umbilical" (XChR-ICG).
As portas e as ventás cumpren unha dobre función: protexer-ocultar e abrir-deixar entrar o alleo. Unha casa na que non se poden pechar nin abrir, nin entreabrir as portas e ventás provoca moita anguria.
Ante as ruínas do noso mundo, das nosas casas, sentímonos espidos, desvalidos, violados... Pero tamén seducidos, aínda que experimentemos desacougo e anguria.
jueves, 2 de julio de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario